RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

'Quero demostrarlle a Lotina que ten razón ao confiar en min', di Lassad

O Deportivo 2010-11 xa está en marcha. Lassad arrancó esta tarde no Mundo do Fútbol unha pretemporada 'á carta', cun plan específico de preparación física diseñado polos Servizos Médicos do Club. O o

Acompañado de Adrián López "Piscu", que practicamente non deixou de traballar nestas vacacións, Lassad arrinca coa idea de incorporarse con total normalidade ao grupo o próximo 8 de xullo. Desta forma, "demostrarlle ao míster (Lotina) que ten razón ao confiar en min", indicou o dianteiro deportivista. No seu día, o técnico branquiazul vaticinou que a mellor fichaxe do equipo esta tempada vindeira será precisamente Lassad.

O internacional tunisiano di estar moi confiado en que "este ano vai ser diferente" sobre todo no aspecto das lesións. Por iso, está disposto a sacrificarse durante as vacacións e mesmo convenceu á súa Selección de que a mellor opción para el era non ir convocado aos dous partidos internacionais próximos (o 20 de xuño e o 1 de xullo): "O meu representante falou coa Federación de Tunes e fíxolles ver que o mellor para min agora era vir aquí. Non estou preparado para xogar", concluíu.