RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles cre que foi "o partido que máis sufrimos" e Mario Soriano lembra que na táboa "todo está moi pegado"

Alberto Quiles e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta do Estadio Alfonso Murube de Ceuta.

O dianteiro andaluz, autor do primeiro gol desde o punto de penalti, cre que "foi o partido que máis sufrimos. Tiñamos que gañar e gañamos. Ese é o resumo. A partir de aí teremos que corrixir erros porque é verdade que nos someteron, hai que tentar ter máis o balón para non sufrir tanto pero o importante é levarnos os 3 puntos neste campo que é moi complicado".

Quiles admite que onte "nos pasamos 12 horas viaxando e o que non tiña o virus tiña as pernas moi frouxas. Eu atopábame canso. E logo tivemos a Lape, Rubén, Max estivo mal onte á noite, o míster... Pasounos un pouco de todo. Por iso é tan difícil gañar aquí porque ten bo equipo; a viaxe; o céspede, que dá igual que levases tacos de aluminio, goma... Escorregábaste".

Lembra tamén que con este resultado e cos do resto da xornada "pasamos de ter ao líder a 10 puntos a telo agora a 4. Sabemos que queda moito e se antes tiñamos ilusión, agora moita máis de quedar primeiros. A seguir neste ritmo e a esperar que os que estean arriba nosa fallen".

Pola súa banda, Mario Soriano subliña que "o equipo está moi contento, satisfeito polo traballo que fixemos hoxe, que foi moi duro".

O atacante madrileño apunta tamén que "recortamos puntos ao líder. Todo está moi pegado. Hai que seguir así, volver con máis ganas e a por os 3 puntos ante o Unionistas de Salamanca", o domingo 8 de xaneiro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) en ABANCA-RIAZOR.

Conclúe Mario Soriano que no vestiario "cando non nos saían tan ben as cousas sabiamos que todos os equipos ían perder puntos. Nesta categoría é moi difícil gañar todos os partidos. Oxalá que esa xeira boa nos veña a nós e que os rivais directos piquen".