RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles di que foi un partido "soñado" e Lapeña destaca que o equipo "fixo un partido moi serio"

Alberto Quiles e Adrián Lapeña pasáronse pola zona mixta do Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada.

O dianteiro andaluz, que suma esta temporada o seu segundo 'hat trick' despois do logrado na última edición do Trofeo Teresa Herrera, márchase "moi contento polos 3 puntos, polos goles, polo partido que fixemos. Sabiamos que este campo era moi complicado polo xogo que facían eles,de xogo directo. Teñen arriba xente moi grande, moi forte. Non lembro ningunha ocasión deles e feliz".

Quiles cualifica o partido de "soñado pola vitoria, por como xogamos, polos goles, por todo".

Conta que no primeiro gol ten "un pouco de sorte porque o balón toca no defensa e faille unha parábola ao porteiro" e reitera que sente "feliz porque vin a iso, a ascender co Club, a estar o máximo de tempo posible e a meter goles".

Acordouse ademais dos compañeiros que o asistiron: "Temos xogadores de moita calidade, Isi, Kuki, Mario Soriano, Rubén... Son xogadores que che poden dar un pase de gol perfectamente. Coñecémonos, adestramos todos os días xuntos e sabía que se rompía íanma a pór aí".

Pola súa banda, Adrián Lapeña lembra que "traiamos unha dinámica boa nestes últimos partidos e hoxe puidémolo referendar con goles e portería a cero, que nos facía falta e dános un plus de moral para afrontar ese tramo final antes das vacacións. O equipo vaise cun bo sabor de boca".

O defensor deportivista destaca que o equipo "estivo tranquilo coa pelota, soubemos defender as súas accións de xogo directo, collendo a segunda xogada e volvéndolles a atacar. O equipo estivo moi bo posto, fixo un partido moi serio e temos que seguir nesta dinámica".

Opina que "viñamos de facer bos partidos pero por 'h' ou por 'b' non conseguiamos recoller todo o que estabamos a sementar. Hoxe o equipo estivo moi serio, fixo moi bo partido e ademais conseguimos que Quiles meta 3 goles, que nos vaiamos con portería a cero, que tamén nos facía falta para a moral da liña defensiva e o porteiro".