RCD / NOVAS

Quiles repite como Xogador Estrella Galicia do mes no Dépor

11/05/2022 16:55

O dianteiro onubense e máximo goleador do RC Deportivo con 17 tantos, Alberto Quiles, únese ao seu compañeiro na dianteira Miku como dobre galardoado esta temporada co trofeo ao Xogador Estrella Galicia do mes. No de abril foi, para os afeccionados do Deportivo, o máis valorado sen discusión cun 79,7 % dos 2.301 votos emitidos polos seguidores Deportivistas. Álex Bergantiños levou o 15,9 % mentres que Adrián Lapeña anotouse o 4,4 % restante.

Quiles recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio como Xogador Estrella Galicia de abril de mans de Carlos Espinosa de The Breen's Tavern (praza de María Pita, 24) hostaleiros do mes de Estrella Galicia, e que desde este momento poderán lucir no seu local a camiseta asinada por todo o cadro do RC Deportivo.

Nun mes no que o Dépor xogou contra Rayo Majadahonda, Athletic B, DUX Internacional, Talavera e UD Logroñés, Quiles asinou, ademais de 4 goles en 5 partidos, este galardón por segunda ocasión, para completar o palmarés da temporada con Miku (2), Víctor García, Juergen Elitim, Adrián Lapeña e William de Camargo, como Xogadores Estrella Galicia de entre os finalistas que cada mes elixen os profesionais dos medios de comunicación que cobren os partidos do RC Deportivo.

Máis novas de: QUILES