RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O temporal de frío, vento e choiva que azoutou Galicia estes días obrigou a suspender os 3 partidos de #ANOSACANTEIRA previstos para o pasado venres en Abegondo. Deles, o Xuvenil B de Liga Nacional ante o ED Val Miñor B trasladouse a hoxe domingo (4-0); e o Infantil A fronte ao Arousa SC xogouse onte sábado, saldado tamén con triunfo claro branquiazul (9-0). Neste partido, o equipo deportivista dedicou a vitoria a Martiño, que estará varios meses de baixa por unha lesión sufrida no partido ante o RC Celta.

O choque do Cadete A fronte ao Ourense CF foi aprazado sen data, á espera da decisión da Federación Galega de Fútbol.

A xornada arrincou o pasado xoves 31 de xaneiro. O Infantil B, líder destacado da Primeira Autonómica, superou ao Atlético San Pedro (3-1) con até 9 alevíns na súa convocatoria e 6 no once inicial.

Os demais encontros previstos foron todos lonxe de Abegondo. O Fabril visitou O Toralín de Ponferrada, un dos campos máis complicados do grupo 1º da Segunda División B. Os bercianos, que pelexan polo ascenso, non deron respiro (3-0) aos fabrilistas, cuxas aspiracións de salvación non pasan por puntuar precisamente ante estes rivais.

Onte sábado 2 de febreiro o Cadete B empatou en Viveiro (2-2); e hoxe domingo 3, o Deportivo ABANCA B igualou fronte ao Orzán SD (4-4), e o Xuvenil A caeu en Xixón co Sporting (2-0).

Finalmente, o Alevín B iniciou esta fin de semana cunha clara vitoria a Segunda Fase da Segunda Comarcal. Só resta por empezar esta nova etapa da temporada o Benxamín B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
23ª xornada: SD PONFERRADINA 3 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 19ª xornada: ORZÁN SD 4 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Sara Piñeiro, Patri López, Lara e Lucía)

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 2 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B 4 (Peke, Portas, José Manuel e Juanma) - ED VAL MIÑOR B 0

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE A - OURENSE CF, aprazado

Liga Galega, grupo norte, 21ª xornada: VIVEIRO CF A 2 - CADETE B 2 (Hugo Suárez e Nils)

Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 4ª xornada: INFANTIL A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - AROUSA SC 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: INFANTIL B 3 (Martín -2- e Álvaro) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1

Categoría alevín
Oitavos de final da liga Comarcal, volta: ALEVÍN A 9 (Cristian -3-, Rubén -3- e Daniel -3-) - IMPERÁTOR OAR A 0. Na ida: 8-0

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: ALEVÍN B 10 (Diego -2-, Anxo -2-, Rubén -2-, Guillermo, Balbas, Nizo e Janusz) - OZA JUVENIL SD B 10

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 11ª xornada: IMPERÁTOR OAR A 0 - BENXAMÍN A 10 (Paulo -2-, Trigo -2-, Gael -2-, Ioan, Pablo, Mauro e Íker)