RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 1 e 2 de abril

O Fabril volveu xogar en Abegondo. O filial deportivista empatou (2-2) co Racing Villalbés, outro conxunto da zona alta que pelexa por un dos catro postos do playoff de ascenso. Tras este resultado, a Fabril conta agora con 6 puntos de renda sobre o segundo clasificado, o Rápido de Bouzas, que gañou (2-0) ao As Pontes.

Xogaron e gañaron onte sábado na cidade deportiva o Xuvenil A (4-2 ao Val Miñor Nigrán), que pelexa polo segundo posto da División de Honra; o Cadete B (6-0 ao Boiro), en loita polo título do Grupo 1º da Liga Galega; o Infantil A (5-0 ao Bertamiráns), líder sólido da Liga Galega; e o Alevín A (12-0), primeiro do seu grupo do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

Nun día pleno de vitorias, Xuvenil B (0-1) e Cadete A (2-6) non se deixaron sorprender na súa visita ao Ourense.

Para hoxe domingo 2 de abril, ademais do Fabril, quedou o encontro do Deportivo Abanca B en Arteixo ante o Torre (4-0). As deportivistas completan así 9 puntos na semana: 3 puntos polo seu triunfo ante O Val o pasado domingo, 3 por derrotar hoxe ao Torre, e outros 3 puntos pola decisión do Comité de Competición de dar ganado ao Deportivo Abanca B por 3-0 o seu encontro do pasado 19 de marzo ante o San Miguel, conxunto que non se presentou a xogar.

Esta fin de semana acabou a liga o Benxamín B, que logrou o título de campión da Segunda Comarcal A Coruña (Grupo 1º) o pasado sábado. É o terceiro título esta tempada para a canteira deportivista, tras os logrados polo Alevín A (campéon da Primeira Comarcal A Coruña) e do Alevín B (campión da Segunda Comarcal A Coruña).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
FABRIL 2 (Borja Domingo e Óscar) - RACING VILLALBÉS 2

Categoría feminina
Primeira Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Alba, Vero -2- e Raña) - TORRE 0

Categoría Xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 4 (Gandoy, Pedro, Ortuño e Mosquera) - VAL MIÑOR NIGRÁN 2

Liga Nacional: OURENSE 0 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete
División de Honra: OURENSE 2 - CADETE A 6 (Pichu -3-, Pedro, Julián e Borja)

Liga Galega, Grupo 1º: CADETE B 6 (Axel -2-, Pol, Rares -2- e Álex M.) - BOIRO 0

Categoría infantil
Liga Galega, Grupo 1º: INFANTIL A 5 (Noel -2-, Jairo, Novoa e Álvaro) - BERTAMIRÁNS 0

Primeira Autonómica, Grupo 1º: PAIOSACO H. AÑÓN 0 - INFANTIL B 8 (Hugo Baldomar -3-, Dani -2-, Quique, Marco Baña e Roque)

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once: ALEVÍN A 12 (Noah, Diego, Javi -4-, Meki, Domínguez -2-, Yago, Pablo e Carballo) - IMPERÁTOR A 0

Segunda Fase, Grupo 1º: ALEVÍN B 11 (Óscar -6-, Samuel, Luca, Luis, Iván e Álvaro) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: IMPERÁTOR A 1 - BENXAMÍN A 4 (Álex, Eli e Jairo -2-)

Segunda Comarcal A Coruña: URAL C 0 - BENXAMÍN B 5 (Santi -2-, Xabi, Diego e Anxo)