RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Os equipos coruñeses do Ural e o Victoria mediron as súas forzas contra cinco equipos de #ANOSACANTEIRA. O primeiro fronte a Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Infantil B (Primeira Autonómica); e o segundo contra Cadete B (Liga Galega) e Infantil A (Liga Galega).

De todos eses partidos, tres foron en Abegondo. O primeiro deles foi o do Infantil B fronte ao Ural na xornada 16ª no grupo 1º da Primeira Autonómica, onte venres. Fronte a fronte estiveron os dous primeiros clasificados e os grandes aspirantes ao título. Venceu xustamente o Dépor (1-0), con gol de Álvaro.

Para hoxe sábado quedaron en Abegondo o Infantil A (3-0) e Cadete B (1-2); e en Elviña (A Coruña) o Xuvenil B (0-1) e Cadete A (0-3).

En Segunda División B, o Fabril recibe en Abegondo mañá domingo 3 ao Rápido de Bouzas, a partir das 17:00 horas. Gustavo Munúa tivo unha semana complicada, posto que non puido contar durante boa parte da semana nos adestramentos con moitos membros do seu cadro, ben por lesión (Bicho, Luis Fernández, Lucas, Carlos López, Luismi e Jardel) ou ben por estar varios días co primeiro equipo (Edu Expósito, Óscar, Quique Fornos, Blas e One), mesmo con minutos para varios no partido de Copa.

Compiten lonxe de Abegondo nesta ocasión o Xuvenil A (1-2 hoxe en Nigrán) e Deportivo ABANCA B (mañá en Tordoia).

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 3 de decembro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 13ª xornada: TORDOIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 3 de decembro ás 18:00 no campo da Rega (Tordoia)

Categoría xuvenil
División de Honra, 15ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - XUVENIL A 2 (Porrúa e Javi Sandá)

Liga Nacional, 14ª xornada: URAL 0 - XUVENIL B 1 (Pichu)

Categoría cadete
División de Honra, 14ª xornada: URAL 0 - CADETE A 3 (Peke, Fito e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 14ª xornada: CADETE B 1 (Hugo) - VICTORIA B 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 14ª xornada: INFANTIL A 3 (Trigo, Roque e Álex González) - VICTORIA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 16ª xornada: INFANTIL B 1 (Álvaro) - URAL B 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo 1º, 8ª xornada: ALEVÍN A 8 (Álvaro -2-, Óscar -2-, Jorge, Luís, Héctor e Samuel) - OBRERO A 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 8ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Janusz -2-, Anxo -3-, Diego e Éder) - ÓRDENES A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 8ª xornada: OZA JUVENIL B 1 - BENXAMÍN B 7 (Paulo -3-, Ioan -2-, Christian, Uxío e Nico)