RCD / NOVAS

Resultados de hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA co calendario para mañá domingo

24/11/2018 19:04

Nesta fin de semana de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA, soamente 3 deles son en Abegondo: hoxe sábado 24 o Xuvenil B (6-1) e Cadete A (5-1); e mañá domingo 25, con entrada gratuíta para os afeccionados, o Deportivo ABANCA B (11:30).

Compiten lonxe de Abegondo os demais equipos da canteira branquiazul.

Hoxe sábado xogaron o Xuvenil A (2-2 en Ferrol); Infantil A (1-12 na Coruña); Infantil B (1-3 en Ordes); e os dous equipos alevíns e o Benxamín A.

O encontro do Benxamín B que se tiña que disputar esta tarde na Torre, foi suspendido debido á tromba de auga que caeu sobre A Coruña.

Destacou a visita do Alevín B, segundo clasificado da Segunda Comarcal A Coruña con 10 puntos, ao líder do grupo, o ED Luis Calvo Sanz C, que tiña 12 puntos. Ao final o triunfo foi xusto para o Dépor B (0-2), que recupera o liderado do grupo agora con 1 punto de vantaxe sobre os locais.

Para mañá domingo 25 queda o Fabril. Despois de dous empates consecutivos, buscará o triunfo ante outro filial tamén da zona baixa, o Atlético de Madrid B. O encontro xogarase nel Cerro do Espino o domingo 25 ás 12:00.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Ricardo, Álex Cobo, Blas, Gaizka, One, Quique Fornos, Lucas, Mujaid, Javi Cobo, Gandoy, Carlos López, Montiel, Uxío, Pedro, Juanje, Villares, Víctor e Adrián.

Mañá domingo competirá o Cadete B (11:30 en San Tirso), en partido correspondente ao grupo norte da Liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B - FABRIL, o domingo 25 de novembro ás 12:00 no Cerro del Espino (Majadahonda)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SCD PASTORIZA, o domingo 25 de novembro ás 11:30 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: RACING DE FERROL 2 - XUVENIL A 2 (Juan e Armas)

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD LÉREZ 1

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - PONTEVEDRA CF 1

Liga Galega, grupo norte, 12ª xornada: SAN TIRSO SD B - CADETE B, o domingo 25 de novembro ás 11:30 no campo do Monte (San Tirso)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 12ª xornada: IMPERÁTOR OAR 1 - INFANTIL A 12 (Álvaro, Domínguez -5-, Marcote, Mella -3-, Marco Baña e Gabri)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 14ª xornada: ÓRDENES SD 1 - INFANTIL B 3 (Martín -3-)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 7ª xornada: ALEVÍN A 3 (Dani, Vergara e Rubén) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 1

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C 0 - ALEVÍN B 2 (Anxo e Janusz)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Íker -6-, Nico, Paulo e Yago Trigo) - ED LUIS CALVO SANZ A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B - CLUB XESUITINAS B (suspendido)