RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados dos amigables da semana en #ANOSACANTEIRA

Un só equipo de #ANOSACANTEIRA tivo cita de pretemporada hoxe domingo. Foi o debut estival do Dépor ABANCA B en Ribadumia ante o Umia CF da súa mesma categoría, Primeira Nacional.

Decidiu para as branquiazuis (0-1) un gol de Laura Otero un partido dominado de principio a fin polo filial deportivista.

Dépor ABANCA B: Yaiza, Lucía Couto, María Calvo, Celia, Cusi, Uxía Cabada, Iria, Carmen, Laura Testa, Laura Otero e Noela. Tamén xogaron: Rabuñal, Lucía Mariño, Uxía López, Antía Brage, Sara Cercido, Abril, Maca, Lucía Rivas e Ana Capelo.

Onte sábado en Abegondo, o Fabril igualou co Bergantiños CF de Segunda RFEF (1-1); e o Xuvenil B superou ao CD Calasanz (6-2). O filial branquiazul encarou este novo choque con moitas baixas. Están lesionados Martín Ochoa, Davo, Álex Pereira, Tim, Mella e Ríos; mentres que Jairo e Yeremay entraron na convocatoria do Deportivo para disputar a LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv de Ucraína. Adiantouse o Bergantiños CF na primeira metade pero igualou Iano Simão após o descanso.

Ademais estreouse en pretemporada con vitoria onte sábado (2-6) o San Tirso SD cadete ante o Bertamiráns FC no campo do equipo santiagués.

O Xuvenil A arrincou o pasado venres 12 de agosto no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín ante o conxunto dezano, de Primeira Autonómica, unha nova fin de semana de amigables para #ANOSACANTEIRA. O partido foi entretido e cun tempo para cada equipo. O CD Lalín foise ao descanso con 3-0 pero os branquiazuis igualaron na segunda parte con goles de Hugo, Baldomar e Garaboa.

Os resultados dos partidos amigables disputados ao longo da semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
FABRIL 1 (Jairo) - UD SOMOZAS 0
FABRIL 1 (Iano Simão) - BERGANTIÑOS CF 1

Categoría feminina
UMIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Laura Otero)

Categoría xuvenil
XUVENIL A 1 (Garaboa) - UD PAIOSACO 1
CD LALÍN, de Primeira Autonómica 3 - XUVENIL A 3 (Hugo, Baldomar e Garaboa)

SAN TIRSO SD, de Preferente Autonómica 2 - XUVENIL B 1 (David Domínguez)
XUVENIL B 6 (Domínguez, Carlos, Rubén, Mesfín e Adrián -2-) - CD CALASANZ A 2

Categoría cadete
BERGANTIÑOS CF Xuvenil 1 - CADETE 0
BERTAMIRÁNS FC 2 - SAN TIRSO SD 6 (Miguel -2-, Marcos -2-, Hugo Ramos e Diego)