RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA do 23 e 24 de setembro

O Fabril recibe mañá domingo 24 de setembro ao Coruxo na 6ª xornada do grupo 1º da Segunda División B. O encontro pasa do horario habitual do filial das 12:00 ao das 17:00 horas, para evitar coincidir co Espanyol-Dépor.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo citou a todo o seu cadro, ademais do meta xuvenil Pablo Brea, que suple a Álex Cobo, citado polo primeiro equipo para viaxar a Barcelona.

É baixa Edu Expósito, tamén convocado por Pepe Mel; e Luís Fernández, con molestias.

Polo demais, o cuádruplo enfrontamento hoxe sábado co Racing de Ferrol marcou o resto da xornada en #ANOSACANTEIRA. Dous foron hoxe sábado no campo ferrolán da Gándara-2 (derrota do Xuvenil B e triunfo do Cadete A) e os outros dous, tamén hoxe sábado, en Abegondo (vitorias do Cadete B e Infantil A).

Para mañá domingo queda, ademais do filial, o partido da Primeira Autonómica Feminina entre o Deportivo Abanca B e o Viajes InterRías Fútbol Feminino. Será ás 16:00 horas en Ponte dos Brozos.

De momento os dous equipos alevíns e os dous benxamíns non arrancaron as súas respectivas competicións ligueiras.

O calendario de partidos da fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
6ª xornada: FABRIL - CORUXO, o domingo 24 de setembro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAJES INTERRÍAS FÚTBOL FEMININO, o domingo 24 de setembro ás 16:00 en Ponte dos Brozos

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A 6 (Manu -3-, Sebas, Ortuño e Sito) - RACING VILLALBÉS 1

Liga Nacional, 3ª xornada: RACING DE FERROL 2 - XUVENIL B 1 (Pichu)

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: RACING DE FERROL 2 - CADETE A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: CADETE B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - RACING DE FERROL B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - RACING DE FERROL 1

Primeira Autonómica, grupo 1, 4 xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B 1 - INFANTIL B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 9 (Mosquera -3-, Diego, Eder, Anxo, Xabi, Guille, Janusz e Nico) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B (alevín) 3

Amigable: BENXAMÍN B 2 (Gael e Ioan) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 4