RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA do 3, 4 e 5 de novembro

Xogaron esta fin de semana en Abegondo o Fabril e Infantil A; ademais do Deportivo ABANCA B en Ponte dos Brozos (Arteixo).

O filial deportivista, que igualou o pasado mércores en Pasarón (1-1), volveu empatar esta mañá, esta vez coa Gimnástica Segoviana (0-0). Os casteláns apertaron en defensa e apenas deixaron oportunidades aos branquiazuis.

Na Liga Galega, o Infantil A derrotou (5-0) ao Xuventude de Oroso. Os deportivistas non fallaron para manter a cabeza da táboa do grupo norte.

E en Arteixo, o Deportivo ABANCA B dobregou (5-0) ao Victoria CF B, con tantos de Vero -3- e Alba Suárez -2-.

Hoxe domingo empatou ademais o Xuvenil B e gañou o Cadete A en o dobre duelo ante o Pabellón; e o Alevín B goleou ao Atlético Coruña Montañeros B.

Para onte sábado quedaron ademais a derrota do Xuvenil A fronte ao líder da División de Honra, o Sporting de Gijón; e os triunfos do Infantil B (ante o Obreiro), Alevín A (en Laracha) e Benxamín A (fronte ao Sporting Burgo A). Tocou descanso para o Benxamín B.

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrancou o pasado venres en Abegondo co partido da 10ª xornada da Liga Galega entre o Cadete B e o Viveiro A, que finalizou con triunfo (4-2) deportivista.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
13ª xornada: FABRIL 0 - GIMNÁSTICA SEGOVIANA 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - VICTORIA CF B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 1 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 10ª xornada: PABELLÓN OURENSE 1 - XUVENIL B 1 (Kilian)

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: PABELLÓN OURENSE 0 - CADETE A 4 (Juanma, Mario e Do Carmo -2-)

Liga Galega, grupo 1º, 10ª xornada: CADETE B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - VIVEIRO A 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 10ª xornada: INFANTIL A 5 (Quique, Álex G., Hugo Baldomar, Sergio e Roque) - ED XUVENTUDE OROSO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 12ª xornada: OBRERO 3 - INFANTIL B 8 (Javi -3-, Dani -2-, Pablo e Adrián -2-)

Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo 1º, 4ª xornada: LARACHA 0 - ALEVÍN A 10 (Oreiro, David -2-, Óscar -3-, Samuel -2-, Ayana e Hugo)

Segunda, grupo 1º, 4ª xornada: ALEVÍN B 7 (Bruno -3-, Vergara, Dani e Jairo -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B 1

Categoría benjamín
Primeira Comarcal, grupo 2º, 4ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Anxo -3-, Nico -2-, Guille -2-, Janusz -2-, Íker e Diego) - SPORTING BURGO A 0