RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Hoxe sábado competiron 7 equipos de #ANOSACANTEIRA, 3 deles cos seus partidos saldados con triunfos na Torre (Alevín B, Benxamín A e Benxamín B).

En Abegondo, o Alevín A viuse as caras (1-2) co Victoria CF A na loita polo liderado do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Só o campión de grupo disputará a gran final en maio co campión do grupo sur. O líder, o Victoria, venceu e aumentou a súa vantaxe á fronte da táboa respecto ao cadro deportivista.

O resto de equipos xogaron, e gañaron, lonxe da Cidade Deportiva: o Xuvenil B e Cadete A en Pontevedra (0-3 e 0-2) ante CD Lérez e Pontevedra CF respectivamente; e o Infantil B en Carballo (2-5).

Mañá domingo 7 (11:00 horas), o Xuvenil A pon en Abegondo o punto e final á temporada no grupo 1º da División de Honra ante o Pontevedra CF. Os deportivistas buscan a 4ª praza. Para iso necesitan vencer o seu partido e que o Ural CF, agora 4º con 1 punto máis na táboa, non gañe na súa visita ao CD Covadonga. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

Así mesmo, o Fabril xoga no anexo ao Estadio Gran Canaria das Palmas (11:00, 12:00 na Península), coa necesidade imperioso de gañar.

Os fabrilistas adestráronse esta mañá en Abegondo e, ao finalizar, os convocados viaxaron ás Illas Canarias, vía Madrid.

Luisito levou a estes futbolistas: Álex Cobo, Pedro López, Valín, Leto, Lucas, Quique Fornos, Raúl González, Mujaid, Gaizka, Montiel, Sáelles-Lamonge, Juanje, Javi Cobo, Bicho, Gandoy, Abeledo, Uxío e May. 

Son baixa por sanción Carlos López e Víctor García.

Cadete B e Infantil A disputaron os seus partidos de liga antes da fin de semana.

O pasado xoves 4, o Cadete B, que pelexa pola 3ª praza do grupo norte da liga Galega, impúxose en Abegondo ao San Tirso SD B (3-2) e afiánzase na terceira praza.

Onte venres 5, o Infantil A, líder destacado da Fase polo Título da liga Galega, non deu opción na súa visita ao CD Lugo (0-8).

Finalmente, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, cumpre a súa segunda semana de parón. Renovará a competición o domingo 14 de abril en Abegondo ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
32ª xornada: LAS PALMAS ATLÉTICO - FABRIL, o domingo 7 de abril ás 11:00 (12:00 na Península) no Anexo ao Estadio Gran Canaria

Categoría xuvenil
División de Honra, 30ª xornada, última: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o domingo 7 de abril ás 11:00 en Abegondo

Liga Nacional, 29ª xornada: CD LÉREZ 0 - XUVENIL B 3 (Luque, Juanma e Pablo Martínez)

Categoría cadete
División de Honra, 29ª xornada: PONTEVEDRA CF 0 - CADETE A 2 (Jairo e Noel)

Liga Galega, grupo norte, 29ª xornada: CADETE B 3 (Hugo Suárez -2- e Nils) - SAN TIRSO SD B 2

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 12ª xornada: CD LUGO 0 - INFANTIL A 8 (Marco Baña -2-, Mella -2-, Martín -2-, Noah e un futbolista rival en propia meta)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 32ª xornada: BERGANTIÑOS CF B 2 - INFANTIL B 5 (Vilela, Marco Baña, Meki e Martín -2-)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 8ª xornada: ALEVÍN A 1 (Jorge Santiago) - VICTORIA CF A 2

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 7ª xornada: ALEVÍN B 8 (Anxo -3-, Diego -2-, Leandro -2- e Janusz) - ORILLAMAR SD B 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 19ª xornada: SPORTING CORUÑÉS A 3 - BENXAMÍN A 8 (Ronquete -3-, Íker -2-, Paulo, Nico e un futbolista rival en propia meta)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 8ª xornada: BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl) - COMPAÑÍA DE MARÍA A 0