RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA vén marcada pola visita do Fabril a outro dos eqipos fortes da categoría, o Fuenlabrada, que se presenta ao choque após caer en Guijuelo a pasada fin de semana. O encontro está fixado para mañá domingo 9 ás 12:00 no Estadio Fernando Torres.

O filial deportivista quere recuperar terreo na clasificación despois de que 2 detalles nos 2 primeiros partidos privásenlle de sumar polo menos 3 puntos máis do punto que ten actualmente.

Tito Ramallo citou a estes xogadores: Álex Cobo, Pedro López, One, Raúl González, Mujaid, Quique Fornos, Lucas, Gaizka, Javi Cobo, Gandoy, Sebastián, Víctor, Montiel, Villares, May, Uxío, Adrián e Luismi.

Por outra banda, a visita do Xuvenil Á o Oviedo, pertencente á 2ª xornada da División de Honra, será retransmitido en directo por Gol mañá domingo 9 a partir das 17:30 horas.

Esta fin de semana arrincan a competición oficial, ademais dos dous equipos infantís, o Deportivo ABANCA B (Primeira Autonómica), Cadete B (Liga Galega), Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra).

Estes 2 últimos fano en Abegondo: o Xuvenil B onte venres 7 con triunfo (3-1) ante o Orillamar; e o Cadete Ao domingo 9 (11:00) fronte ao Ural. Para este choque, os socios teñen entrada gratuíta. O público paga 3 euros por entrada.

O pasado mércores, os dous equipos infantís comezaron a temporada ligueira con triunfo ante o Calasanz o A (0-9) e en Santa María del Mar o B (3-6).

O partido do Infantil B ante o San Cristóbal correspondente á xornada desta fin de semana, 2ª ligueira, disputarase o mércores 12 de setembro en Abegondo, debido á participación do conxunto branquiazul na Rothon Cup en Redon (Francia).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
3ª xornada: FUENLABRADA - FABRIL, o domingo 9 de setembro ás 12:00 no Estadio Fernando Torres (Fuenlabrada)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 1ª xornada: SD ANTAS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 9 de setembro ás 18:00 horas no Municipal Castro Seoane (Antas de Ulla)

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: OVIEDO - XUVENIL A, o domingo 9 de setembro ás 17:30 no Requexón

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B 3 (Peke, Aye e Mario) - ORILLAMAR SD 1

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE A - URAL, o domingo 9 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Liga Galega, grupo norte, 1ª xornada: CALASANZ B 4 - CADETE B 1 (Pablo Trigo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 1ª xornada: CALASANZ 0 - INFANTIL A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 1ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR 3 - INFANTIL B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B - SAN CRISTÓBAL, o mércores 12 de setembro ás 19:00 horas en Abegondo