RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, sobresaen dous partidos en Abegondo mañá domingo: o do Fabril ante o Las Palmas Atlético (11:30 horas) e do Xuvenil A fronte ao Bansander (12:00 horas).

O equipo fabrilista busca ante o cadro canario facer bo o empate agridoce do pasado domingo en Pasarón e achegarse aos postos de fóra do descenso.

Para este partido, os socios teñen acceso libre. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, citou a todo o seu equipo. A única ausencia por lesión é a de Bicho.

Para o encontro do Xuvenil A, os socios do Dépor teñen entrada gratuíta. O público paga 3 euros.

Compiten esta fin de semana lonxe de Abegondo o Xuvenil B (0-1 en Vigo) ante o Rápido de Bouzas; e  o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 16:00 na Leyma), no derbi coruñés ante o Victoria CF B.

Na Cidade Deportiva houbo hoxe sábado un empate (1-1) do Cadete B co CF Dumbría;  e un triunfo (5-0) do Infantil A sobre a SD Residencia A, que o consolida no liderado do grupo norte da liga Galega.

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA arrincou onte venres 16 de novembro con 2 partidos

O Cadete A defendeu con éxito a primeira praza da División de Honra no campo de O Monte de San Tirso (0-3).

E o líder do grupo 1º da Primeira Autonómica, o Infantil B, superou en Abegondo (5-2) ao Ural CF B, segundo na táboa. Un total de 8 puntos separan agora a deportivistas de uralistas. O triunfo branquiazul é, pois, un gran paso para achegarse ao campionato de liga.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
12ª xornada: FABRIL - LAS PALMAS ATLÉTICO, o domingo 18 de novembro ás 11:30 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 11ª xornada: VICTORIA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de novembro ás 16:00 na Leyma (A Coruña)

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 18 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Liga Nacional, 11ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 0 - XUVENIL B 1 (Novoa)

Categoría cadete

División de Honra, 11ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - CADETE A 3 (Jairo e Padín -2-)

Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: CADETE B 1 (Martín Burgos) - CF DUMBRÍA 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: INFANTIL A 5 (Yago, Martiño, Meki, Martín e Marcote) - SD RESIDENCIA A 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 13ª xornada: INFANTIL B 5 (Martín -2-, Daniel, Mardones e Hodei) - URAL CF B 2

Categoría alevín

Primeira Comarcal A Coruña, 6ª xornada: OZA JUVENIL SD A 0 - ALEVÍN A 5 (David, Bruno -2-, Murilo e un futbolista rival en propia meta)

Segunda Comarcal A Coruña, 4ª xornada: ALEVÍN B 3 (Xabi -2- e Anxo) - CD CALASANZ C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF A 0 - BENXAMÍN A 7 (Íker -2-, Ronquete, Yago Trigo, Gael, Paulo e un futbolista rival en propia meta)

Segunda Comarcal A Coruña, 4ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C 1 - BENXAMÍN B 3 (Hugo, Javi e Pablo Vara)