RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA sobresae un partido por encima do resto, o derbi ante o Celta B na liga Nacional xuvenil. Será en Abegondo mañá domingo 7 de outubro ás 12:00 horas. Os socios teñen libre acceso ao partido e o público paga 3 euros.

É o único partido de categorías inferiores na Cidade Deportiva, posto que o outro derbi desta xornada, o do Cadete A en a División de Honra, foi aprazado, a petición do conxunto céltico, ao xoves 11 de outubro ás 19:30 horas en Abegondo.

Por conseguinte, xogan fóra de casa o resto de equipos branquiazuis que están en competición. Mañá domingo farano o Fabril en Guijuelo (18:30) e o Deportivo ABANCA B en Villestro (12:30). Hoxe sábado competiron o Xuvenil A en Friol (2-0); o Cadete B e Infantil A en Carballo (1-2 e 1-7 respectivamente); e o Infantil B en Iñás ante o Atlético San Pedro (1-8).

No Fabril, Tito Ramallo leva a Guijuelo a estes futbolistas: Álex Cobo, Pedro López, One, Mujaid, Blas, Quique Fornos, Carlos López, Gaizka, Gandoy, Javi Cobo, Víctor, Juanje, Sáelles-Lamonge, Diego Villares, May, Uxío, Joni e Luismi. Son baixa obrigatoria o lesionados Bicho, Raúl González e Lucas, este con unha fractura de cúbito do seu brazo dereito. Permanecerá en repouso deportivo até superar a súa fase de recuperación.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
7ª xornada: GUIJUELO - FABRIL, o domingo 7 de outubro ás 18:30 no Municipal de Guijuelo

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 5ª xornada: SD VILLESTRO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 7 de outubro ás 12:30 no campo Da Barrosa (Villestro)

Categoría xuvenil
División de Honra, 6ª xornada: CD LUGO 2 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 5ª xornada: XUVENIL B - CELTA B, o domingo 7 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CADETE A - CELTA A, o xoves 11 de outubro ás 19:30 en Abegondo

Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: BERGANTIÑOS B 1 - CADETE B 2 (Suárez e Trigo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: BERGANTIÑOS A 1 - INFANTIL A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 6ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 1 - INFANTIL B 8 (Hodei -3-, Óscar, Álex, Dani, Jairo e un futbolista rival en propia meta)