RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Riki: O estadio sempre se enche co Real Madrid e éso é motivante

O dianteiro madrileñou Riki compareció ante os medios na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Cre que o partido do sábado ante o Real Madrid en Riazor "é un paso más cara á permanencia e gañarlle significa moito"

No entanto, preguntado sobre o partido de onte martes en Francia, apunta que "o Lyon plantou un bo partido, ten un bo equipo, pero o Real Madrid ten individualidades que gañan partidos. Vai ser un partido complicado pero co apoio da afección imos tentar gañar".

Apunta Riki neste sentido que "sempre que vén o Real Madrid o estadio énchese e éso para un xogador é motivante".

Lembra a derrota madridista en Pamplona e o empate en Almería do conxunto de Mourinho: "Todos os equipos son batibles pero a calidade dos grandes pode ser determinante. O Real Madrid deixouse puntos fóra de casa e temos a oportunidade de conseguila".

Non oculta Riki o seu pasado madridista: "Foi un equipo onde crecín, deume a oportunidade de dar o salto ao Xetafe e agradecido. Sempre tento cando xogo contra eles achegar o meu granito de area ao equipo".  "Cando salgues do Madrid non se acaba o fútbol", engade o dianteiro branquiazul.