RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rubén Pérez e Adrián, citados pola Selección Española Sub-21 para un partido ante Bielorrusia

Os xogadores do Deportivo Rubén Pérez e Adrián foron convocados pola Selección Españonda Sub-21 para o partido ante Bielorrusia do próximo luns 28 de marzo en Alcalá de Henares (Madrid). Do primeiro equipo

No Fabril, outro tres futbolistas teñen compromisos internacionais:

Martin Büchel foi citado pola súa Selección Nacional, Liechtenstein, para un partido clasificatorio para a Eurocopa 2012 ante a República Checa en Budweis, o martes 29 de marzo ás 17.30 horas. Ata a data, Martin suma 31 partidos coa camiseta do seu equipo nacional.

Stopira disputará con Cabo Verde, o 26 de marzo na cidade de Praia, un partido oficial ante Guinea Ecuatorial pertencente á terceira xornada do Torneo de Clasificación para a Copa de África 2012.

Finalmente, Dinís foi tamén convocado para disputar coa Selección Portuguesa Sub-21 dous encontros amigables a finais deste mes de marzo. Ambos os choques, de preparación para o Campionato de Europa da categoría, serán en Portugal o 25 de marzo (fronte á República de Irlanda en Águeda); e o 28 de marzo (fronte a Dinamarca en Coimbra).

Por último, o porteiro coruñés David, que milita no Xuvenil A branquiazul, foi convocado pola Selección Española Sub-17 para participar no Mini Torneo de Elite, correspondente ao X Campionato de Europa da categoría, que se xogará en Bélxica do 24 ao 31 de marzo. Antes, haberá unha concentración previa en Las Rozas (Madrid), do luns 21 ao mércores 23.

O calendario de partidos do Mini Torneo de Elite de Bruxelas é o seguinte:

Sábado 26 de marzo
España - Bélxica, ás 18.00 horas no Estadio Mol

Luns 28 de marzo
España - Irlanda do Norte, ás 17.00 no Estadio Tielen

Xoves 31 de marzo

Inglaterra - España, ás 19.00 no Estadio Mol