RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sara Álvarez incorpórase mañá luns á selección española sub-17

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez foi citada pola selección española sub-17 para un partido amigable ante Alemaña en Salou (Tarragona), o vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 11:00 horas.

O combinado nacional aproveitará este encontro para realizar unha concentración desde mañá luns 13 ao propio xoves 16 na citada localidade catalá.

Sara Álvarez incorpórase ao equipo nacional após disputar como titular co Deportivo ABANCA B o partido ante o CD Valladares en Vigo, correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Nun principio, a futbolista branquiazul chegará a tempo para xogar o sábado 18 de xaneiro en Abegondo ante o Sárdoma CF, a partir das 18:00 horas.