Semana grande para o Deportivo ABANCA, que acaba 2018 coa visita ao Oviedo
O Deportivo ABANCA vive unha das súas semanas grandes da temporada. Este sábado 22 de decembro (11:45 horas), visita ao Real Oviedo, na primeira gran batalla polo título ligueiro no grupo 1º de Segunda División Nacional.
O encontro, correspondente á 13ª xornada, xogarase nas instalacións de El Requexón.
Despois de 12 partidos, ambos os equipos marchan na cabeza con 34 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +69 por +46 das ovetenses.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 17 de decembro 20:30: Adestramento en Abegondo
Martes 18 de decembro 20:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 19 de decembro 20:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 20 de decembro 20:30: Adestramento en Abegondo
Venres 21 de decembro 11:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 22 de decembro 11:45: Real Oviedo - Deportivo ABANCA, en El Requexón