RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sen descanso coa mente xa no Alavés

O Deportivo, con só Fede Valverde á marxe do grupo, comezou a preparar esta tarde a visita ao Alavés, prevista para este sábado 17 de febreiro en Mendizorroza (18:30 horas, Bein LaLiga), correspondente á 24ª xornada de LaLiga Santander.

Após un quecemento, Clarence Seedorf encerrouse cos seus futbolistas no campo 3, onde realizaron un traballo táctico de cara ao choque ligueiro de Vitoria.

Os futbolistas que non actuaron de inicio o pasado luns ante o Betis completaron o adestramento con fútbol en espazo reducido, no campo 2, de alta intensidade.

A tarde arrancou na sala de vídeo, onde os técnicos branquiazuis reuníronse co cadro dividido en tres grupos.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo pola tarde, ás 17:00 horas en Abegondo.