RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio e Lopo xogarán con Catalunya fronte a Arxentina

Os deportivistas Sergio e Lopo foron convocados por Johan Cruyff para participar con Catalunya no partido amigable ante Arxentina, o próximo martes 22 de decembro ás 20.30 horas no Camp Nou de Barcelona.

Ese mesmo día, 22 de decembro, Bodipo e Ze Castro disputarán o partido benéfico "Champions for Africa" no Estadio Santiago Bernabéu, que enfrontará a unha Selección da liga BBVA con Sergio Ramos á fronte ante un combinado de xogadores africanos capitaneados por Kanouté.