RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión de recuperación esta mañá para o Dépor

Os Nosos adestráronse esta mañá baixo unha persistente choiva na Cidade Deportiva, nunha sesión que foi de recuperación para os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa. Para este grupo de xogadores houbo carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais, incluído o fabrilista Dani Barcia, a mañá foi de alta intensidade, cun quecemento, rondos, unha tarefa de remates a portería e fútbol en espazo reducido.

Están con adestramento personalizado Borja Granero, Villares e Pablo Martínez, supervisado polo readaptador do primeiro cadro Álex Canosa.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O Dépor comeza o mércores ás 10:30 a preparar a próxima cita ligueira, o domingo 27 de novembro ás 17:00 (InSports.tv) en Fuenlabrada, en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.