RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sesión de recuperación para os titulares ante o Mallorca

Os futbolistas do Deportivo que foron titulares ante o Mallorca tiveron esta mañana sesión de recuperación no Mundo do Fútbol. Tan sóo Pablo Álvarez, que jugó sóo a primeira metade, completó t

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo está citado para adestrar de novo o mércores ás 10.30 no Mundo do Fútbol.
 
En rolda de prensa, Lassad que o vestiario está "contento" polo triunfo de onte pero advertiu que "hai que seguir así". "A nivel persoal marquei un gol, gañamos e atópome ben. Non podo pedir máis", engade.
 
O dianteiro tunisiano cualificou a primeira parte como "frouxa. Na segunda parte todo foi moito mellor. Aproveitamos as nosas ocasións". Neste sentido, opina que a saída ao terreo de xogo de Valerón "notouse moito. Con el no campo é todo máis fácil".
 
Respecto ao partido do domingo ante o Málaga, un equipo que agora mesmo ocupa postos de descenso, Lassad di que a súa situación é "igual que a nosa esta pasada semana. Eles non poden nin perder nin empatar". Iso si, afirma que "debemos pensar en nós mesmos"; e asegura que viaxará o Dépor "coa intención de gañar".