RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sidnei: A miña vontade sempre foi a de vir aquí

Sidnei compareció esta tarde en rolda de prensa en Abegondo, nada más finalizar o seu primeiro adestramento co Deportivo. "Estou moi contento por estar aquí, moi feliz por haber resolvido todo e poder traballar co grupo", su

O central brasileiro cre que a demora na resolución da negociación "son cousas normais que acontecen nestas situacións. En todo momento estivemos a conversar para que puidese estar aquí novamente".

Recoñeceu o interese de varios equipos pero "a miña vontade sempre foi a de vir aquí. Estou feliz por estar aquí. Penso en traballar e dar o mellor para axudar ao Dépor".

Lembra que o ano pasado, a súa primeira tempada en Riazor, foi "complicada. Pero ao final conseguimos o noso obxectivo. Agora imos traballar para conseguir facer un bo ano, máis tranquilo que o ano pasado".