RCD / NOVAS

Sidnei asegura estar ''feliz podendo axudar ao grupo''

Sidnei, titular no centro da zaga desde a súa chegada ao Deportivo, atendió ás preguntas dos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo. Asegura estar "feliz podendo axudar ao grupo. Traballo forte durante a semana para que cuándo chegue o partido, poder axudar da mellor maneira posible".

15/11/2014 23:21

Referiuse ao parón ligueiro provocado polos compromisos das seleccións nacionais: "Esta semana foi máis tranquila, pero traballando forte pensando no próximo partido", comentou Sidnei.

Cre que o Deportivo "ten un grupo de moita calidade. O meu pensamento é traballar forte e se tes oportunidade, aproveitala da mellor maneira posible".

Unha das características do defensor deportivista é a súa incorporación ao ataque en canto veo posible: "Gústame cando teño oportunidade poder facelo. Se é para axudar ao grupo, mellor".

Opina Sidnei que ante o Córdoba "defendemos moi ben todos xuntos. Iso é bo para nós, facilítanos máis o partido. Cando xogamos así, estamos metidos no partido e podemos conseguir en calquera momento a vitoria".
 

Máis novas de: SIDNEI