RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei reincorpórase aos adestramentos co grupo

Sidnei Rechel foi o protagonista esta tarde chuviosa na Cidade Deportiva de Abegondo. O central brasileiro, aínda sen a alta médica, realizou a sesión co grupo de xogadores que onte non saltou de inicio ao campo ante o Betis. Así pois, o defensor deportivista entra na recta final da súa recuperación.

Os titulares onte á noite tiveron recuperación, con masaxe e baño na zona de augas do vestiario deportivista. Só Borges, Albentosa e Krohn-Dehli realizaron carreira continua sobre o céspede.

Os demais integrantes do cadro, excepto Fede Valverde (tocado), realizaron unha sesión de alta intensidade, con fútbol en espazo reducido após un quecemento. Retirouse antes de tempo Koval, cun golpe no dedo dunha man. A meta ucraíno está pendente de probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto desas molestias. Tamén Schär acabou antes que o resto, a consecuencia dunha contusión.

Mañá mércores, os futbolistas adestraranse de novo ás 17:00 en Abegondo.