RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Silleda terá por terceira vez un DéporCampus Cabreiroá o próximo verán

Silleda acolleu onte mércores 1 de xuño ás 12:00 horas a presentación do DéporCampus Cabreiroá 2022 de verán que se realizará na localidade pontevedresa por terceiro ano consecutivo.

Despois do éxito das súas primeiras dúas edicións, superando a barreira dos 40 participantes o verán pasado, a Fundación RC Deportivo repetirá a actividade este mes de xullo no campo de fútbol do Outeiriño, en Silleda.

O acto contou coa participación de Manuel Cuíña Fernández, alcalde de Silleda; Mónica González Conde, concelleira de deportes; Manuel Maceiras, coordinador local do DéporCampus Cabreiroá, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e celebrarase entre os días 11 e 15 de xullo cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Silleda e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 7 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.