RCD / NOVAS

Suspendidos polo temporal os partidos dos alevíns e benxamíns branquiazuis

22/11/2019 14:30

A Federación Galega de Fútbol comunicou hoxe venres ao mediodía a suspensión de todos os partidos de fútbol 8 previstos para esta fin de semana na Coruña e As Mariñas debido á alerta por temporal de choiva e vento.

Así pois, os alevíns e benxamíns deportivistas, que arrancaban a competición na Liga Comarcal e Primeira C, terán descanso mañá sábado e o domingo.