RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Terceiro e último partido en Suecia da deportivista Sara Álvarez mañá martes coa selección española sub-17

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo do Torneo de Exentos, unha competición internacional que enfronta a aqueles equipos nacionais que non teñen que xogar fase de clasificación para o novo formato do campionato de Europa.

A terceira e última cita para as españolas será mañá martes 17 de setembro (18:00 horas) no Estadio Angelholms IP de Angelholm ante as anfitrioas, as suecas.

O pasado sábado, España impúxose (3-4) aos poderosa Estados Unidos, campioa do mundo feminina en categoría absoluta, na segunda xornada da competición. O encontro, que Sara Álvarez xogou completo, foi vibrante, con alternativas no marcador e decidido polo acerto de Giovana Queiroz.

No primeiro partido deste torneo disputado o pasado mércores, España caeu ante Alemaña (0-4), con Sara Álvarez sobre o céspede tamén todo o partido.

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 11 de setembro
ESPAÑA 0 - ALEMAÑA 4

Sábado 14 de setembro
ESTADOS UNIDOS 3 - ESPAÑA 4

Martes 17 de setembro
18:00: SUECIA - ESPAÑA, no Estadio Angelholms IP de Angelholm

Por este motivo, Sara Álvarez causou baixa no debut do Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional, onte domingo ante o CD Valladares.

A canteirá deportivista súmase así ás futbolistas do Dépor internacionais nas categorías inferiores da selección española nas últimas convocatorias: Teresa Abelleira, María Méndez, Athenea e Carlota Sánchez.