RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Terceiro partido de Cavaleiro no Europeo e Borges na lista de Costa Rica para a Copa de Ouro

Iván Cavaleiro, coa Selección de Portugal, disputará mañana o meuércoles ante Suecia o terceiro e último partido da Primeira Fase do Campionato de Europa Sub-21, que se xoga na República Checa.

O atacante deportivista foi suplente no segundo encontro ante Italia (0-0) e titular no primeiro, fronte a Inglaterra (1-0).

O calendario da Primeira Fase de Portugal é o seguinte:

-INGLATERRA 0 - PORTUGAL 1
-ITALIA 0 - PORTUGAL 0
-Mércores 24 de xuño: PORTUGAL - SUECIA

As semifinais disputaranse o 27 de xuño; o partido polo terceiro e cuarto posto, que decidirá unha praza olímpica, o 28 de xuño; e a gran final o 30 de xuño.

Borges entra na lista definitiva de Costa Rica

A Celso Borges réstalle aínda un amigable con Costa Rica antes da Copa de Ouro da Concacaf, en cuxa lista definitiva está xa incluído o mediocentro branquiazul. Será o 27 de xuño en Estados Unidos ante México.

O deportivista foi titular nos dous primeiros partidos de adestramento disputados por Costa Rica: En Buenos Aires ante Colombia e en León fronte a España.

O calendario de partidos de Costa Rica inclúe estes amigables:

-COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

ESPAÑA 2 - COSTA RICA 1

-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, presenta este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette incorpórase o 28 de xuño á concentración de Canadá

O fabrilista Sam Piette, tras liquidar de titular a eliminatoria de clasificación para o Campionato do Mundo ante Dominica (0-2 en Roseau e 4-0 en Toronto), concentrarase o próximo 28 de xuño en Santa Bárbara (Estados Unidos) xa para a Copa de Ouro.

A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).