RCD / NOVAS

Tere Abelleira inicia mañá martes con España a súa andaina no Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17

27/03/2017 13:06

Tere Abelleira está a empezar a recoller os froitos da gran temporada que está a realizar co Deportivo Abanca na Segunda División Nacional.

A capitá deportivista está concentrada coa Selección Española Sub-17, no Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17 que se celebra en Portugal desde onte domingo 26 de marzo ao luns 3 de abril.

A xogadora branquiazul inicia mañá martes 28 de marzo a competición, que ten este calendario:

Martes 28 de marzo
16:00: ESPAÑA - PORTUGAL, na Cidade do Fútbol de Cruz Quebrada

Xoves 30 de marzo
14:00: ESPAÑA - ISLANDIA, no Municipal Stadium de Mafra

Domingo 2 de abril
16:00: SUECIA - ESPAÑA, no National Stadium de Cruz Quebrada