RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Teresa Abelleira finaliza con España sub-19 o Torneo de Escocia asentada no once titular

- Foto: sefutbol.com -

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, estivo concentrada con España sub-19 nun torneo internacional en Escocia, no que participaron as seleccións clasificadas directamente á Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.

Hoxe martes, as españolas tiveron o terceiro e último partido desta competición. Foi ante Francia (0-0) no McDiarmid Park (Perth).

Teresa Abelleira saíu no once inicial e estivo brillante na circulación da pelota no centro do campo. Foi relevada no minuto 88 por Laia Codina.

Nos dous primeiros partidos do torneo, ante Escocia e Dinamarca, Teresa Abelleira tamén foi titular. A centrocampista branquiazul convértese desta forma en peza crave na selección española sub-19.

Os resultados de España en Escocia foron os seguintes:

Mércores 3 de outubro
ESCOCIA 0 - ESPAÑA 1

Sábado 6 de outubro
ESPAÑA 1 - DINAMARCA 1

Martes 9 de outubro
ESPAÑA 0 - FRANCIA 0

Teresa Abelleira regresa xa á Coruña para adestrar mañá mércores ás 20:00 horas co Deportivo ABANCA para seguir preparando a visita do CDE Rácing Féminas a Abegondo, prevista para o domingo 14 de outubro (12:00 horas).