RCD / NOVAS

Tino, F. Vázquez, M. Pablo, Fabricio, Álex e Bicho entregarán mañá os trofeos no Torneo RCD

Un total de 156 equipos (81 en categoría alevín e outros 75 en benjamín) participarán na decimoprimera edición do Torneo de fútbol oito “Real Club Deportivo da Coruña”, que se celebrará nesta ocasión mañana xoves 1 de maio, en xornada de mañana (partidos de clasificación) e de tarde (partidos desde dezaseisavos a final). Coca Cola, Gadis, Lotto e Cabreiroá colaboran co Club nun acontecemento futbolístico único en Galicia.

30/04/2014 11:39

O Presidente do Deportivo, Tino Fernández; o técnico do primeiro equipo Fernando Vázquez; e os futbolistas Manuel Pablo, Fabricio, Álex e Bicho serán os encargados de entregar os premios aos gañadores de ambas as categorías.

Está xa definido o calendario de competición, que arrincará ás 10.30 horas. As finais están previstas para as 20.00 horas.

Podes descargarche aquí o calendario de competición e as regras do torneo.

Máis novas de: ÁLEX, FABRI, FERNANDO VAZQUEZ, MANUEL PABLO, TINO FERNÁNDEZ