RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández: ''Luisinho pediu desculpas, así que pola tarde a adestrar''

  Tino Fernández se reunió esta mañana na sede do Club con Luisinho e o seu representante Jorge Teixeira para aclarar o sucedido este fin de semana. "O cité eu para esta reunión co seu representante, pidi&o

"Falamos de todo o que pasou, está convocado a adestrar pero na organización dos adestramentos non entro. O Deportivo non vai rescindir o seu contrato. Pódese negociar todo na vida pero iso non se expuxo. O Deportivo vai gastar o diñeiro que ten en fichar a un dianteiro, non en rescindir un contrato. A nós non se nos pediu polo no mercado. A Luisinho xa o coñeciamos antes e ampliámoslle o contrato, subímoslle o soldo e xa tiña o mesmo carácter".
 
Cuestionado pola citación só ao portugués cando no incidente houbo máis implicados, o presidente aclarou que "a situación extraordinaria é que Luisinho xa non adestrara o sábado, non como Arribas. Xa falaremos con el. En ambos os casos abriranse expedientes disciplinarios. Pero quero insistir en que o importante é o do próximo sábado contra a Real Sociedade. Os puntos valen tanto como na xornada 38". 
 
 
Pola súa banda Jorge Teixeira, axente de Luisinho, acompañado polo futbolista, ratificou aos medios de comunicación, tras finalizar a reunión mantida no Club, que o lateral deportivista adestrarase esta tarde co resto do equipo. "O Presidente chamou a Luisinho para falar con el sobre o incidente. E Luisinho pediu desculpas, como xa pedira. E tamén quere pedir desculpas a todos os afeccionados do Deportivo", explicou. Subliñou ademais que Luisinho "ten tres anos máis de contrato co Deportivo, ten que adestrar co grupo. É o normal".