RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Toché cre que o partido ante o Atlético 'hai que afrontalo con moitísima ilusión'

Toché se formó nas categorías inferiores da Atlético de Madrid, rival do Dépor este domingo 30 de novembro no Estadio Vicente Calderón (12.00 horas, Canle + Liga, Gol T). Llegó con 15 añvola o club c

"Faime especial ilusión porque estiven moitos anos nesa casa. Teño moitas vivencias positivas. Tiven a gran satisfacción de debutar, de estar aí xogando e faime ilusión. Espero reencontrarme con moita xente", comentou respecto diso Toché na sala de prensa de Abegondo.

Ademais, compartiu vestiario durante unha tempada co 'Cholo' Simeone e o 'Mono' Burgos, os dous actuais técnicos atléticos: "O recordo con moito agarimo. Son como a xente veos. O 'Cholo' adestrando era un animal, ía a todas, daba igual como che chamases, se eras do filial ou non. E logo era un anaco de pan no vestiario. E o 'Mono' coas súas tolemias. Teño moi bos recordos dos dous", apunta.

Cre que o partido do domingo "hai que afrontalo con moitísima ilusión, porque pode ser bonito gañar nun estadio como o Vicente Calderón".

Lembra que o Atlético ten esta semana partido de Liga de Campións: "Oxalá que lles inflúa, que cheguen un pouco máis cansos. Nós imos coa ilusión de facer un gran partido e que mellor escenario que o Calderón".

Actualmente, entrando aos partidos desde o banco, Toché asegura que o que lle falta é "que o míster me poña. É fácil e sinxelo. Eu adestro exactamente igual, pero o míster é o que decide. Eu teño que estar a lume de biqueira para cando me diga que me toca, estar ao cento por cento e aproveitar a oportunidade, que creo que é o complicado".