RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Torneos amigables para 5 equipos de #ANOSACANTEIRA e amigable do Fabril en Astorga

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA (Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Infantil A) teñen torneo amigable esta fin de semana en Portonovo, Narón, Viveiro, Monforte de Lemos e Ponteareas respectivamente.

A maiores, o Fabril, após reconquistar o pasado mércores a Copa Deputación da Coruña despois de 18 anos, disputa mañá sábado partido amigable no campo de La Eragudina de Astorga ante o Atlético Astorga CF. Será a partir das 19:00 horas.

Luisito leva a estes xogadores: Álex Cobo, Viorel Boian, Eimil, Parga, Valín, Bourdal, Martí Vilà, Villares, Kanouté, Mosquera, Aarón, Jawed Boumeddane, Iván Guerrero, Sarmiento, Yuste, Prendes, Pedro Barbolla e Juan Rodríguez. Están tocados Pedro, Iñigo Reinoso, Mario Losada e Novo.

O técnico fabrilista estará pendente dos 4 futbolistas que se adestrarán mañá pola mañá en Abegondo ás ordes de Anquela: Mujaid, Gandoy, David Sánchez e Javi Sánchez.

Finalmente, o pasado mércores 14 de agosto, os 4 amigables disputados polos xuvenís e cadetes de #ANOSACANTEIRA acabaron en triunfo branquiazul.

O calendario semanal de partidos amigables e torneos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
ATLÉTICO ASTORGA CF - FABRIL, o sábado 17 de agosto ás 19:00 no campo de La Eragudina de Astorga

Categoría feminina
Trofeo Pescamar, no campo Novo San Pedro (Vilalonga)
VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 17 de agosto ás 19:00

Categoría xuvenil
UD PAIOSACO FERROS AÑÓN 0 - XUVENIL A 3 (Padín, Portas e Urdiales)

Torneo Sinde's Cup, no campo do Val en Narón
Domingo 18 de agosto
Semifinal
10:30: SELECCIÓN DE FERROL SUB-19 - XUVENIL A
17:30: Final de Consolación; ou 19:00: gran final

XUVENIL B 2 (Nájera e Nils) - URAL CF A 0

Memorial Marcos Gómez no campo Marcos Gómez - O Cembedo (Viveiro)
Sábado 17 de agosto
11:00: XUVENIL B - VIVEIRO CF (sub-21)
12:00: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO
19:00: URAL CF - XUVENIL B

Categoría cadete
CADETE A 3 (Hugo Baldomar -2- e Pablo Trigo) - CD BOIRO A (xuvenil) 0

Memorial Jacobo Díaz Camiño, na Pingüela (Monforte de Lemos)
Sábado 17 de agosto
Semifinal
18:30: CADETE A - CP CALASANCIO (xuvenil)
19:30: Terceiro ou cuarto posto; ou 20:30: gran final

Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
10:30: PONTEVEDRA CF - CADETE A
12:00: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
17:30: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
O campión de grupo xoga a final (20:00 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas)

CADETE B 4 (Sierra, Fernando -2- e Matos) - IMPERÁTOR OAR 0

Categoría infantil
Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
11:15: INFANTIL A - FC PORTO
14:15: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
16:45: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
O campión de grupo xoga a final (20:45 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas)