RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Traballado triunfo do Orzán SD Cadete Feminino ante o Victoria CF

O Orzán SD Cadete Feminino, cun gol en cada tempo, tombou a un tenaz Victoria CF (2-0) en partido correspondente á 5ª xornada no subgrupo A de a liga Galega.

Macarena González e Emma Gandoy foron as autoras dos goles.

Con este resultado, o equipo que dirixe Abel Sánchez marcha na 2ª praza do subgrupo con 12 puntos, a 3 puntos de diferenza do Colexio Obradoiro, líder con 15 puntos pero cun partido máis que as orzanistas.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza Pérez, Paula Martínez, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Candela González, Sara Cercido, Mica Baratelli, Candela Fernández, Ana Capelo, Laura Santos e Macarena González. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Sofía Paz, Emma Gandoy, Lucía González e Ánxela Prado.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino visita ao SCD Milagrosa.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Feminino son os seguintes:

SD Xuventú de Aguiño - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández -2-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Maca González, Laura Santos, Emma Gandoy, Nadia Longueira e Sofía Paz)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Lucía González -2-, Emma Gandoy -2-, Paula Martínez, Candela González, Ánxela Prado -3- e Candela Fernández) - Bergantiños CF 0
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Ánxela Prado -4-, Lucía González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Valeria Montero -2- e Sofía Rodríguez) - PM Friol 0
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Macarena González e Emma Gandoy) - Victoria CF 0