RCD / NOVAS

Tres futbolistas a día de hoxe de baixa médica para o partido en Alcorcón

13/09/2018 21:08

A día de hoxe, 3 futbolistas do Deportivo están de baixa médica de cara ao encontro deste sábado 15 de setembro en Alcorcón (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 5ª xornada de LaLiga 1|2|3: Borja Valle, Quique González e Dubarbier.

Deles, unicamente Quique González xa se atopa na etapa de readaptación con Fran Molano.

Ademais, Dubarbier será sometido a probas médicas este sábado 15, xa de regreso na Coruña, para ditaminar o alcance exacto das molestias que sufriu onte na parte posterior da coxa esquerda.

Os demais membros do cadro, a falta do adestramento de mañá venres e do mesmo sábado en Los Ángeles de San Rafael, están a disposición de Natxo González.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: