RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Triunfo do Cadete B para abrir unha xornada en #ANOSACANTEIRA que se celebra mañá na súa totalidade

O triunfo (3-1) do Cadete B, líder do grupo norte da liga Galega, ante o CD Calasanz B, hoxe venres 17 de xaneiro en Abegondo, abriu unha xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA cuxo resto de partidos xogarase na súa totalidade mañá sábado 18 de xaneiro.

En Terceira División dispútase na Cidade Deportiva un duelo ao grande: o Fabril recibe ao CD Choco ás 17:30. Ambos os equipos chegan igualados a 31 puntos na 5ª praza, a só 3 puntos da 4ª posición que ocupa actualmente o Arosa SC. Iso si, os fabrilistas contan con 1 partido menos, o aprazado o pasado 21 de decembro en Abegondo ante o UD Paiosaco H. Añón debido á alerta meteorolóxica por temporal.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, ademais do xuvenil Juan Rodríguez. Causan baixa de maneira obrigatoria Mujaid, citado para adestrar mañá co primeiro equipo; e os lesionados Iago Parga, Mario Losada e Kanouté.

Ademais do filial, tamén xogan en Abegondo o Deportivo ABANCA B (18:00) e Xuvenil A (16:15); e lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil B (16:00 en Cangas ante o Alondras CF), Cadete A (17:15 en Bertamiráns) e Infantil B (12:15 en San Pedro de Visma fronte ao Imperátor OAR).

O Infantil A, campión do grupo norte da liga Galega, arrinca a Fase polo Título en Nigrán (16:00 horas) ante o ED Val Miñor Nigrán, segundo o calendario aprobado pola Federación Galega de Fútbol.

Ademais do conxunto deportivista, acceden a esta fase definitiva os 7 seguintes clasificados do grupo norte: Bertamiráns FC, ED Xuventude de Oroso, CD Conxo Santiago, CD Calasanz, Ural CF, CD Lugo e Victoria FC de Santiago.

E os 8 primeiros equipos do grupo sur: RC Celta, CD Areosa, ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF, EF Portero 2000, Pontevedra CF, UD Santa Mariña e Arosa SC.

O formato de competición será o de liga a unha soa volta. Non se tomarán en conta as puntuacións da primeira fase e, por conseguinte, todos os equipos arrincan esta Fase polo Título Galego con 0 puntos.

Finalmente, en alevíns e benxamíns, sobresae o encontro entre o Alevín B e o Victoria CF C, os dous equipos colíderes da Primeira C con 15 puntos. O choque será na Torre ás 10:30.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
20ª xornada: FABRIL - CD CHOCO, o sábado 18 de xaneiro ás 17:30 en Abegondo
Clasificación: ... 3. CD Barco, 37 puntos; 4. Arosa SC, 34 puntos; 5. Fabril (un partido menos) e CD Choco, 31 puntos; 7. UD Ourense, 29 puntos; 8. Racing Villalbés, CD Estradense e CSD Arzúa, 25 puntos...

Categoría feminina
15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF, o sábado 18 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 32 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 28 puntos; 4. Victoria FC, 26 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 24 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - TSK ROCES CD, o sábado 18 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 43 puntos; 3. Xuvenil A, 32 puntos; 4. Bansander, 29 puntos; 5. Real Racing Club, 28 puntos...

18ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL B, o sábado 18 de xaneiro á as 16:00 no campo de O Morrazo (Cangas)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 46 puntos; 2. Xuvenil B, 37 puntos; 3. CD Areosa, 36 puntos; 4. Pontevedra CF e Pabellón Ourense CF, 32 puntos...

Categoría cadete
18ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - CADETE A, o sábado 18 de xaneiro ás 17:15 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 51 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos...

18ª xornada: CADETE B 3 (Lombao, Nico e Domínguez) - CD CALASANZ B 1
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B (un partido máis), 47 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 41 puntos; 3. SD Compostela, 38 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 1ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - INFANTIL A, o sábado 18 de xaneiro ás 16:00 no campo de Ureca (Nigrán)

19ª xornada: IMPERÁTOR OAR - INFANTIL B, o sábado 18 de xaneiro ás 12:15 en San Pedro de Visma 1
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 48 puntos; 2. Ural CF B, 44 puntos...

Categoría alevín
7ª xornada: ALEVÍN A - URAL CF A, o sábado 18 de xaneiro ás 11:30 en A Torre (campo 2.1)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Atlético Coruña Montañeros CF A, 16 puntos; 2. Alevín A e Victoria CF A, 15 puntos; 4. Ural CF A, 13 puntos; 5. Outes FC B, 12 puntos...

6ª xornada: ALEVÍN B - VICTORIA CF C, o sábado 18 de xaneiro ás 10:30 en A Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B e Victoria CF C, 15 puntos; 3. Ural CF C, 10 puntos...

Categoría benxamín
7ª xornada: SCD ORDES A - BENXAMÍN A, o sábado 18 de xaneiro ás 12:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Benxamín A e ED Luis Calvo Sanz A, 18 puntos; 3. San Tirso SD A e Xesuitinas A, 12 puntos...

6ª xornada: CD CALASANZ B - BENXAMÍN B, o sábado 18 de xaneiro ás 12:30 en A Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 15 puntos; 2. CD Calasanz B e Victoria CF B, 10 puntos...