RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tytoń advirte que 'ninguén vai regalar os puntos. Teremos que pelexalos todos'

Przemyslaw Tytoń compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Lembra o internacional polaco que compartió vestiario con Pedro Mosquera e Fayçao Fajr, éste incorporado hoxe tras as súas vacacións. Confesa qu

Subliña que ao Deportivo "ninguén lle vai a regalar os puntos. Teremos que pelexar todos os puntos. Seguín ao Dépor a tempada pasada. A primeira volta da tempada foi moi boa. Temos que facer algo similar ou moito mellor".

Ve normal a competencia na portaría, coa presenza ademais de Lux e de Rubén: "Hai equipos que teñen tres ou ata catro porteiros. Nunca se sabe o que pode pasar durante a tempada".

Recoñece que pasou unha tempada complicada en Stuttgart, que acabou co descenso do equipo alemán, e que está a buscar "paz e desenvolverse como xogador".

Márcase como obxectivo "tentar xogar aquí e despois as portas da selección abriranse".

Sobre os seus outros compañeiros de demarcación, de Germán Lux resalta a súa "experiencia e calidade"; mentres que di de Rubén que "é un xogador novo como eu. O tres pelexaremos pola titularidade".