RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Último esforzo para #ANOSACANTEIRA antes do parón do Nadal

#ANOSACANTEIRA afronta o último esforzo do ano 2017. Após esta xornada ligueira, todos os canteiráns terán parón competitivo debido ás festas do Nadal.

O partido estrela é o do Fabril, que recibe ao CD Toledo en Abegondo. O encontro, pertencente á xornada 19ª no grupo 1º de Segunda División B, disputarase ás 12:00 do domingo 17 de decembro.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Tamén xogan en Abegondo o Xuvenil A (domingo ás 17:00), Cadete B e Infantil A (ambos os mañá venres ás 19:15). Para estes encontros, a entrada para os socios do Dépor é gratuíta. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En categoría alevín, a falta desta última xornada, o Alevín B xa é matematicamente campión do grupo 1º de Segunda.

É o terceiro título desta temporada para #ANOSACANTEIRA, após os logrados anteriormente polo Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín A (grupo 2º de Primeira Comarcal A Coruña).

Non ten partido xa o Deportivo ABANCA B, de vacacións até o 2018; e o Benxamín A, coa súa competición ligueira finalizada a pasada fin de semana.

Pola súa banda, o Alevín A participa desde mañá venres 15 de decembro na oitava edición do Media Gol Cup 2017, que se xoga en Cornellá (Barcelona).

Por este motivo, o encontro de ida de oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, en Ordes, xogarase o mércores 20 de decembro ás 19:00 horas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
19ª xornada: FABRIL - CD TOLEDO, o domingo 17 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 41 puntos; 2. Fabril, 36 puntos; 3. Rayo Majadahonda, 34 puntos; 4. Celta B, 32 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina, 13ª xornada: 1. Valladares, 39 puntos; 2. Atlético Arousana, 37 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 29 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 27 puntos; 5. Umia, 26 puntos...

Categoría xuvenil
17ª xornada: XUVENIL A - OVIEDO, o domingo 17 de decembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, grupo 1º: 1. Sporting de Gijón, 39 puntos; 2. Celta, 35 puntos; 3. Xuvenil A, 34 puntos; 4. Real Racing Club e Oviedo, 30 puntos...

Amigable, xogado o pasado luns: XUVENIL B 4 (Bruno, Litos, Paulo e Julián) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 2
16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - XUVENIL B, o sábado 16 de decembro ás 19:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Ural, 36 puntos; 4. Xuvenil B, 30 puntos; 5. Racing de Ferrol, 28 puntos...

Categoría cadete
16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE A, o domingo 17 de decembro ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 43 puntos; 2. Cadete A, 36 puntos; 3. Calasanz, 27 puntos...

16ª xornada: CADETE B - BERTAMIRÁNS B, o venres 15 de decembro ás 19:15 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 35 puntos; 4. Cadete B e Lugo B, 27 puntos; 6. EF Lalín e Viveiro A, 25 puntos; 8. Victoria B, 24 puntos...

Categoría infantil
16ª xornada: INFANTIL A - BERTAMIRÁNS, o venres 15 de decembro ás 19:15 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 43 puntos; 2. Calasanz, 39 puntos...

18ª xornada: VICTORIA B - INFANTIL B, o domingo 17 de decembro ás 10:00 na Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 37 puntos; 2. Ural B, 36 puntos; 3. Orillamar, 35 puntos...

Categoría alevín

Media Gol Cup 2017 en Cornellá (Barcelona)
Primeira Fase
Venres 15 de decembro
15:30: ESPANYOL - ALEVÍN A
19:00: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA
Sábado 16 de decembro
9:30: ALEVÍN A - IGUALADA
13:00: ALEVÍN A - PARIS SAINT-GERMAIN
16:30: ALEVÍN A - GIRONA FC

Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Calasanz A, 21 puntos...

Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, oitavos de final, ida: ÓRDENES A - ALEVÍN A, o mércores 20 de decembro ás 19:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)

9ª e última xornada: ALEVÍN B - LA PAZ A, o domingo 17 de decembro ás 12:00 na Torre
Clasificación de Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B, 19 puntos; 2. Victoria B e Ural B, 12 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A, 25 puntos; 2. Calasanz A, 22 puntos...

10ª xornada: OLÍMPICO B - BENXAMÍN B, o sábado 16 de decembro ás 12.00 no Complexo Deportivo de Vilaboa (Culleredo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 24 puntos; 2. Victoria C, 22 puntos...