RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Cadete co punto de mira afinado superou ao xuvenil B do CD Calasanz

O Cadete superou (7-1) en Abegondo nun novo amigable de pretemporada ao CD Calasanz B de categoría xuvenil. Os branquiazuis demostraron ter o punto de mira axustado de cara ao comezo ligueiro.

Os goleadores do equipo que prepara Darío Cotelo foron Adrián Guerrero -3-, Jorge García, Luis Viñas e Iraitz -2-.

Cadete: Román, Ayana, Oreiro, Taibo, Hugo Torres, Manu Ferreiro, Samuel, Dani Estévez, Mesfin, Guerrero e Jorge García. Tamén xogaron: Yago Moreira, Pablo Parada, Juan Barros, Marcos Baluja, Iraitz, Adrián Vázquez, Adri, David Carballo e Javier Fernández.

O Cadete do Dépor comeza a liga o próximo 3 de outubro e quedou encadrado no subgrupo A da División de Honra, categoría na que esta temporada defenderá o título de campión.

Compoñen o subgrupo estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

A pretemporada marcha así para o Cadete de Darío Cotelo:

Torneo MS2 Cup (Mondariz)
Primeira Fase
Cadete 3 (Lucas Taibo e Adrián Guerrero -2-) - AJ Lérez 0
Cadete 3 (Noe Carrillo, Adrián Guerrero e Iraitz) - Rápido de Bouzas 0
Semifinais
Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) - ED Xuventude de Oroso 0
Final
Cadete 1 (Juan Barros) - RC Celta 0

IV Memorial Marcos Gómez (Viveiro)
Viveiro CF (xuvenil) 0 - Cadete 2 (Noe e Jorge)

Cadete 7 (Adrián Guerrero -3-, Jorge García, Luis Viñas e Iraitz -2-) - CD Calasanz B (xuvenil)