Un combativo UD Paiosaco non pode frear en Abegondo a un práctico Fabril
O Fabril impúxose (2-0) a un rochoso UD Paiosaco H. Añón en partido correspondente á 16ª xornada en Terceira RFEF, 1ª da segunda volta, disputado en Abegondo ante numeroso público, moito chegado desde Paiosaco.
O partido foi moi trabado, con escasas opcións de gol nas dúas porterías e cunha férrea defensa visitante.
O UD Paiosaco H. Añón, que se mantivo vivo no partido case até o final, fallou un penalti con 0-0 no marcador, minutos antes que Jesús Ares adiantase aos fabrilistas.
Ao descanso chegouse con ese triunfo pola mínima dun Fabril obrigado a tirar de oficio.
Despois do paso polos vestiarios, o encontro seguiu coa mesma tónica de dominio territorial fabrilista, ata que Diego Gómez puxo a sentenza cun segundo gol que certificaba unha nova vitoria para o equipo que dirixe Óscar Gilsanz.
Con este marcador, o filial deportivista suma 35 puntos á fronte da táboa de Terceira RFEF.
Fabril: Hugo Ríos, Marc, Puerto, Dani Barcia, Iano Simão, Brais Val, Jairo, Diego Gómez, Nájera, Jesús Ares e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Iñaki, Barba, Marcel, Iván e Fito.
A próxima fin de semana, o Fabril visita ao Alondras CF.
Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:
UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez) Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1 Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1 CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-) Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0 Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0 Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0 Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-) Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2 Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia) Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1 UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão) Fabril 0 - UD Somozas 1 Racing Villalbés 0 - Fabril 0 Fabril 4 (Nájera, Iano Simao, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1 Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0