RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Deportivo ABANCA B de menos a máis vence con xustiza ao UD Mos

Un Deportivo ABANCA B de menos a máis dobregou (3-1) ao UD Mos en Abegondo, en partido correspondente á 6ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

O encontro comezou con gol visitante aos 5 minutos. As deportivistas repuxéronse aos poucos do golpe, empataron antes do descanso e, após o paso polos vestiarios, o dominio branquiazul foi total.

Antía, Alba Suárez e Alba Martínez foron as goleadoras do Deportivo ABANCA B, líder en solitario da categoría con 18 puntos de 18 posibles; e con 2 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, as Viaxes InterRías FF.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Andrea, Alba Martínez, Rivas, Ainhoa, Sara Piñeiro, Lara, Antía, Michelle Clemente, Patri López e María Calvo. Tamén xogaron: Ana, Sofía, Alba Suárez, Lucía e Bermúdez.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita á SD Tordoia.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1