RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un dobrete de Yeremay encarrila a vitoria do Fabril sobre o líder UD Somozas

Un dobrete de Yeremay, un futbolista que crece día a día, e un terceiro de Runy xa no tempo de desconto deu a vitoria ao Fabril (3-0) sobre o UD Somozas, líder da Terceira RFEF, en partido correspondente a 12ª xornada.

O partido arrincou con repartición de ocasións para cada equipo. Juan Cambón tivo a máis clara para os fabrilistas nestes primeiros compases; e o ex deportivista Cañi para os visitantes.

Yeremay anotou o primeiro gol xusto antes do descanso e o rumbo do partido inclinouse definitivamente para os branquiazuis.

Após o paso polos vestiarios o UD Somozas non reaccionou e o Fabril saíu lanzado a por o segundo, que logrou de novo por mediación de Yeremay no minuto 72 após unha gran xogada do xuvenil Mella.

O terceiro de Runy, xa na prolongación, pechou un sólido partido dos pupilos de Óscar Gilsanz ante un dos favoritos.

Con este marcador, o Fabril suma 21 puntos e é terceiro na táboa.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simao, Fabio, Brais Val, Mella, Javi Sanmartín, Yeremay e Juan Cambón. Tamén xogaron: Barba, Runy, Davo, Nájera e Juan Rodríguez.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CSD Arzúa.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0