RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril con 10 xogadores toda a segunda parte cae nun derbi coruñés que se resolveu no minuto 90

Ao Fabril escapóuselle o derbi coruñés ante o Silva SD na Grela (2-1) no último minuto.

O partido, correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Terceira División, estivo condicionado pola rigorosa expulsión de Kanouté no minuto 45 por dúas amarelas, as primeiras que viu o Fabril con apenas 10 minutos entre unha e outra; ante un rival que xa acumulaba 7.

Mario Losada adiantou aos pupilos de Luisito aos 12 minutos. Igualou un Silva en superioridade no minuto 76; e cando todo indicaba que o empate sería o resultado final, os locais levaron os 3 puntos nun contragolpe fronte a un Fabril que se mostraba inconformista con esa igualada, aínda cun xogador menos.

Con este resultado, o Fabril queda con 27 puntos na 4ª praza, en postos de promoción de ascenso a Segunda División B.

Fabril: Álex Cobo, Eimil, Valín, Parga, Martí Vilà, Gandoy, Kanouté, Villares, Iago Novo, Mario Losada e Pedro. Tamén xogaron: Yalike, Pidlepenets e Boumeddane.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Racing Villalbés.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)