RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un gol de Nuria Torres dá os 3 puntos ao Deportivo ABANCA B ante o CD Valladares

Un solitario gol de Nuria Torres no minuto 14, de cabeza após unha falta lateral, deu os 3 puntos ao Deportivo ABANCA B en Vigo ante o CD Valladares (0-1), en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional, primeiro da segunda volta da liga.

Tralo gol, as deportivistas souberon pechar ben todas as vías de ataque do rival e levaron unha valiosa vitoria.

O Deportivo ABANCA B marcha 3º na táboa con 28 puntos, a 4 de distancia do CD Monte, 2º con 32 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Sofía, Laura Rivas, María Calvo, Bermúdez, Nuria Torres, Patri López, Alba Suárez, Carlota e Aroa. Tamén xogaron: Lara, Ainhoa, Antía e Lucía.

O vindeiro sábado 18 de xaneiro, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Sárdoma CF.

Os resultados até a data do equipo que prepara Kevin Cabado son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)