RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Un sólido Dépor xa suma a domicilio (0-0)

Un RC Deportivo moi sólido en defensa sumó o seu primeiro punto a domicilio, ao empatar sen goles no Benito Villamarín nun partido sen un dominador claro e con escasas ocasións, co que se mantén invicto antes do primeiro parón

Gaizka Garitano presentou dúas novidades no seu once con respecto ao debut ligueiro. O turco Emre Çolak e o romanés Florin Andone ocuparon os lugares que ante o Eibar ocuparan Carles Gil e Lucas Pérez.

Ata o minuto 13 non se produciu ningún achegamento perigoso. O primeiro correu a cargo do Dépor. O franco-marroquí Fayçal Fajr colgou unha falta pechada que botou ante Antonio Adán e que Mosquera non alcanzou a rematar por moi pouco. Dous minutos máis tarde, o conxunto local probou a Germán Lux por primeira vez, nun remate afastado de Petros que o cérbero arxentino detivo facilmente.

Mediada a primeira metade, o Dépor volveu roldar a portaría verdibranca. Nesta ocasión, mercé a un derechazo afastado de Bruno Gama. O disparo do portugués marchouse por encima do traveseiro.

Aos 38 minutos, Tony Sanabria culminou un contragolpe conducido por Joaquín. O centro chute do dianteiro paraguaio foise lamiendo o traveseiro da portaría deportivista. No 44, o alxerino Aïssa Mandi cabeceou no centro da área un saque de esquina botado desde a esquerda do ataque heliopolitano. O seu remate, excesivamente centrado, non puxo en apertos a Lux.

A segunda parte comezou co Deportivo dando un paso adiante. No minuto 50, un mal despexe da zaga bética a centro de Emre Çolak caeu a pés de Bruno Gama. O luso empalmó un zurdazo de socato que se foi lamiendo o pau esquerdo do portal de Adán.

O Betis espertou dez minutos despois da continuación, forzando un par de saques de esquina e buscando unha vez máis o gol desde a longa distancia, cun lanzamento de Sanabria que se marchou alto. A mesma sorte correu un disparo de Emre Çolak, dous minutos máis tarde.

No minuto 58, o danés Riza Durmisi encarou a Juanfran, regateouno e disparou con dureza desde o extremo esquerdo. Lux respondeu con axilidade e puxo as palmas das mans para despexar a córner.

Dez minutos máis tarde, foi o belga Charly Musonda Jr., recentemente ingresado, tentou sorprender a Lux desde 30 metros. O seu potente zurdazo perdeuse pola liña de fondo, non moi lonxe do poste esquerdo do marco coruñés.

Celso Borges respondeu para o Dépor, cun durísimo derechazo desde a frontal da área que se foi lixeiramente desviado. A un cuarto de hora do final, Fayçal dispuxo dunha boa oportunidade nun libre directo. O seu lanzamento con efecto non alcanzou a potencia necesaria. Adán abortou o perigo con facilidade.

Instantes despois, Juanfran evitou in extremis o gol de Tony Sanabria, que tras o servizo desde a dereita de Musonda atopábase en posición de fóra de xogo aínda que o colexiado non o sinalou. O lateral destro deportivista despexou a saque de esquina.

Coa entrada de Luisinho por Bruno Gama, Garitano volveu optar, como fronte ao Eibar, por xogar os minutos finais cun esquema 3-5-2.

No primeiro do seis minutos de tempo engadido que indicou o árbitro, que mediada a segunda metade tivo que irse ao vestiario ao perder unha lente de contacto, un lanzamento de Dani Ceballos que golpeou no corpo de Raúl Albentosa estivo a piques de descolocar a Lux. O gardameta branquiazul reaccionou a tempo e revolveuse sobre si mesmo para apropiarse do esférico.

Borja Vale tivo na súa cabeza o gol no minuto 94, ao rematar un centro pasado de Juanfran. O dianteiro berciano, que debutou en Primeira ao substituír a Andone, estrelou o seu croque no lateral da rede do portal bético.

Real Betis: Adán, Piccini (Dani Ceballos, min. 84), Mandi, Pezzella, Durmisi, Fabián (Musonda, min. 67), Petros, Felipe Gutiérrez (Cejudo, min. 77), Joaquín, Tony Sanabria e Rubén Castro.

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Pedro Mosquera, Guilherme (Borges, min. 61), Emre Çolak, Fayçal Fajr, Bruno Gama (Luisinho, min. 78) e Andone (Borja Vale, min. 88).

Árbitro: Clos Gómez (c. aragonés). Cartón amarelo a Juanfran (min. 65) e Pedro Mosquera (min. 93).

Incidencias: partido correspondente á 2ª xornada de LaLiga Santander disputado no estadio Benito Villamarín ante 34.543 espectadores.