RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unha camiseta, unha árbore: Kappa e o RC Deportivo plantarán unha árbore por cada Galicia Verde vendida

Como se anunciou no momento de lanzamento de cada unha dos equipamentos desta temporada, Galicia Azul, Galicia Atlántica e Galicia Verde, as camisetas do Dépor 2022-2023 servirán para pór a disposición da sociedade o potente altofalante social do Club e organizar ou colaborar na difusión de campañas de concienciación de coidado e limpeza dos mares, costas e bosques, proxectos cos que colabora a través da súa Fundación para contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas. Neste caso, concretamente ao 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Kappa e o RC Deportivo poñemos en marcha a campaña: "Unha camiseta, unha árbore". Con ela comprometémonos a plantar unha árbore por cada camiseta do modelo Galicia Verde que se venda a través das DéporTiendas ao longo da temporada nunha acción cuxos próximos pasos se irán desvelando en futuras datas. Polo momento, cada camiseta xa vendida ou que se venda de Galicia Verde significará unha árbore plantada nas provincias de Galicia máis afectadas polos incendios este verán.

Nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City e Rúa Real, ademais de en https://deportienda.es/ esta dispoñible en todas as talles a camiseta Galicia Verde.

Para reforzar o lanzamento da campaña "Unha camiseta, unha árbore", o equipo levará a cabo unha acción habitual en competicións europeas pero moi infrecuente en competicións nacionais, xogar como local co segundo equipamento desta temporada: Galicia Verde. Farao aproveitando a visita do Pontevedra CF esta fin de semana a ABANCA-RIAZOR, un partido entre equipos galegos que espertou moito interese en ambas as afeccións e que será un bo escaparate para contarlle a Galicia e ao mundo que este ano transformaremos cada camiseta do Dépor nunha árbore.