RCD / NOVAS

Unha conferencia de F. Vázquez inaugura hoxe o curso na Escola de Adestradores do Deportivo

Esta tarde ás 20.00 horas, Fernando Vázquez pronunciará a conferencia inaugural do curso na Escola de Adestradores do Real Club Deportivo. Será na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O Real Club Deportivo, como Centro de Formación autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Orde 20 de Xullo de 2.005 (DOG 2/08/2.005), mantén aberto o seu prazo de inscripción para a Escola de Técnicos.

16/09/2013 12:44

Os títulos serán equivalentes, aos correspondentes de grao medio e grao superior de Formación Profesional.

Do mesmo xeito que todos os anos, a Escola permitirá aos alumnos inscritos dispor das instalacións do Mundo do Fútbol para preparar as probas físicas de acceso supervisados por un profesor do centro.

O horario das clases serán o luns de 19.00 a 23.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas. Durante o primeiro trimestre do curso haberá clases tamén todos os mércores de 20.00 a 23.00 horas.

Información e folla de inscricións neste arquivo

Máis información na sede do Club na Praza de Pontevedra nº 19 1º da Coruña (teléfono 981259500) e na Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol" (teléfono 981647941); ou ben no correo electrónico: cadfdeportivo@canaldeportivo.com

Máis novas de: FERNANDO VAZQUEZ

RCD / Noticias Relacionadas

10/07/2014 00:20 |

''Tomamos esta decisión co convencemento de que é a mellor para o futuro do Deportivo''

Tino Fernández, presidente do Consello de Administración do Deportivo, acompañado por todos os membros da directiva, a excepción de Enrique Calvete, compareció no estadio de Riazor para explicar os motivos que levaron ao equipo reitor a decidir, por unanimidade, prescindir de Fernando Vázquez como técnico do primeiro equipo. “O noso papel é tomar decisións que non sempre gustarán a todo o mundo pero que faremos sempre sincera e honestamente pensando en que o Deportivo funcione mellor e o Club esté o más arriba posible”, aclaró antes de explicar as causas que motivaron a pérdida de confianza no adestrador.